Este PFAC, co título Introdución das Tics na práctica docente terá unha duración de 50 horas, distribuídas en 17 sesións.O que pretendemos con este proxecto e que o profesorado sexa autónomo na utilización dos recursos TIC do centro, como: utilizar o encerado dixital no aula, poñer en marcha un blog de aula, fomentar a páxina web do centro, seleccionar recursos na rede para a súa posterior utilización dentro do aula, etc.



martes, 2 de marzo de 2010

CREAR BLOGS

- Documentación teórica para gestionar os blogs.

1. Crear o noso blog en blogger

O primeiro que temos que facer é ir a www.blogger.com e pincharemos sobre o botón que pon Create your blog now. A continuación temos que poñer un nome de usuario para identificarnos en Blogger, que será a conta de gmail que fixemos nunha da sesoión anterior. Unha vez postos os datos, pulsamos continuar.

Poñemos: o título do blog e a súa dirección en internet, por ejemplo:

O nome que escollimos ostrasnosdoportofaro. A nosa dirección será:
Unha vez rellenado, presionaremos sobre Continuar.



Aquí escolleremos a apariencia do noso blog, xa que hai moitos estilos, presionando sobre o icono da lupa, despois daremos a Continuar
2. Publicar a nosa mensaxe:
Na primera ventá que veremos, poñemos o título do post que queiramos, no resto poñemos o contido. Para o resto, podemos axudarnos das ferramentas do Wordpad ou editalo en HTML directamente.

Calquer usuario, se quere, pode publicar comentarios no blog, a non ser que especifiquemos o contrario nas opcións.
3. Configurar o blog
Este paso é opcional, serve para personalizar o título do blog, facer unha descripción do blog para os que nos visiten, etc.

Básico: Ferramentas do blog, título, descripción, añadir o blog ás listas de Blogger, motores de búsqueda…

Publicación, formato, comentarios, archivo, feed do sitio, permisos para traballar no blog, etc.
TITORIAL COMO CREAR UN BLOG: http://www.youtube.com/watch?v=xeghb_NWfpA.
Añadir e organizar elementos da páxina: gadgets, comentarios, edición HTML…

Engadir Gadgets aos blogs.
Para iso seguiremos os seguintes pasos:
Accedemos ao noso blog, pinchando na esquina superior dereita en SIGN IN ou ACCEDER

Escribimos o nome de usuario da nosa conta de gmail e o contrasinal

Nas opcións de configuración do noso blog, escollemos DESEÑO

Aparece unha plantilla do noso blog, e escollemos ENGADIR UN GADGET (Módulo con contidos na banda dereita ou esquerda do blog)

Na ventá emerxente ofrécenos unha lista de gadgets que podemos engadir... buscamos o gadget LISTA DE ENLACES e pinchamos nel co rato.

Ábrese unha nova ventá emerxente, onde temos que escribir tres cousas:

a) O Título do Gadget (por exemplo ENLACES EDUCATIVOS, PRENSA...)

b) a dirección URL do enlace que queremos poñer, para o cal, noutro separador do navegador buscamos a páxina web que queiramos, utilizando o buscador de google. Unha vez localizada a web COPIAMOS A DIRECCIÓN que se atopa localizada na barra de direccións do navegador, arriba, utilizando o botón dereito do rato. Regresamos á nosa ventá de edición para engadir un gadget, e pegamos na casiña que solicita a URL a dirección que antes copiamos.

c) o nome que lle damos a ese enlace, que será o que se vexa no noso blog.

Pinchamos en ENGADIR ENLACE

Dámoslle a GARDAR, e xa teremos o gadget co enlace no noso blog.

Vamos engadir máis enlaces... para iso pinchamos na icona de configuración que hai ao final do gadget recén creado.

Vólvese abrir a ventá de edición do gadget

Volvemos ao punto 6 e seguimos outra vez todo o procedemento ata o punto 9.

Podemos seguir engadindo enlaces na mesma ventá ata cantos queiramos

Finalmente pinchamos en GUARDAR e xa quedará listo o gadget con todos os nosos enlaces.



No hay comentarios:

Publicar un comentario