Como subir imaxes dende o noso equipo ao noso álbum de fotos en Google.
1. Abrimos a nosa conta de correo en gmail
2. Unha vez dentro, no menú da esquina superior esquerda do Gmail, pinchamos no enlace FOTOS ou FOTOGRAFÍAS. Accedemos desta forma aos álbumes web de PICASA.
3. No menú principal de Picasa, atopamos 4 pestanas con enlaces: MIS FOTOS, FAVORITOS, EXPLORAR e SUBIR (UPLOAD en inglés). Pinchamos neste último enlace de SUBIR.
4. Abrirase unha ventá que nos pedirá que lle escribamos un nome ao novo album que queremos crear. Escribimos ese nome e abaixo pinchamos en ACEPTAR.
5. Na ventá seguinte aparécennos 5 recadros e ao lado de cada un deles o enlace NAVEGADOR. Pinchamos sobre o primeiro.
6. Ábresenos unha ventá na que podemos buscar a imaxe que temos no noso ordenador e queremos subir a Picasa. Buscámola na carpeta correspondente e ao final pinchamos en ABRIR.
7. Desta forma vemos como na páxina de Picasa, no primeiro dos cinco recadros anteriores, xa aparece a dirección do noso ordenador onde se atopa a foto.
8. Podemos proceder igual para cada un dos catro recadros seguintes e subir 4 fotos máis, ata un total de 5 de cada vez.
9. Finalmente pinchamos en SUBIR
10. Esperamos un rato e poderemos ver as nosas fotos no novo álbum creado por nós en Picasa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario