Este PFAC, co título Introdución das Tics na práctica docente terá unha duración de 50 horas, distribuídas en 17 sesións.O que pretendemos con este proxecto e que o profesorado sexa autónomo na utilización dos recursos TIC do centro, como: utilizar o encerado dixital no aula, poñer en marcha un blog de aula, fomentar a páxina web do centro, seleccionar recursos na rede para a súa posterior utilización dentro do aula, etc.



jueves, 3 de diciembre de 2009

Contidos

- A PDI e actividades Smart.
- Tratamento de imaxes (paint, gimp...)
- Blogs e páxina web.
- Creación de materiais didácticos.
- Wikis aula virtual.
- Presentacións online.
- Avaliación das aprendizaxes.

Actividades a desenvolver

As ACTIVIDADES a desenvolver serán as seguintes:

1.- Revisión bibliográfica e posta en común.

2.- Lectura e comentario de páxinas web.

3.- Sesións de docencia con expertos.

4.- Elaboración de materiais didácticos .

5.- Deseño e posta en práctica de secuencias didácticas coa informática como soporte.

Obxectivos

Coñecer e valorar as posibilidades que nos ofrecen as TIC para a labor docente.
• Coñecer e utilizar as ferramentas que permitan crear aplicacións didácticas. (PDI, Powerpoint, tratamento de imaxes...)
Elaborar material didáctico en soporte informático
• Crear actividades para a súa aplicación na aula. (Actividades Smart, JClic..)

• Fomentar a páxina web do centro como espazo de comunicación e colaboración con toda a comunidade educativa.
• Realizar experiencias concretas para o uso das TIC nas distintas áreas e niveis que imparte cada mestre.
• Coñecer a bibliografía existente sobre o tema.
• Crear pautas para avaliar as propostas didácticas experimentadas.