Este PFAC, co título Introdución das Tics na práctica docente terá unha duración de 50 horas, distribuídas en 17 sesións.O que pretendemos con este proxecto e que o profesorado sexa autónomo na utilización dos recursos TIC do centro, como: utilizar o encerado dixital no aula, poñer en marcha un blog de aula, fomentar a páxina web do centro, seleccionar recursos na rede para a súa posterior utilización dentro do aula, etc.



jueves, 29 de abril de 2010

O noso proxecto de formación


Actualmente formamos parte dun sistema educativo moderno, ao incorporarnos ao mundo das tecnoloxías da Información e Comunicación como centro TIC, ademais de estar inmersos nunha sociedade que evoluciona, investiga, crea e incorpora elementos innovadores no noso traballo diario.
            Vemos que as TIC, son un recurso moi valioso que non podemos deixar escapar, xa que aporta: motivación para o alumnado, individualización no ensino, un amplo abanico de posibilidades e recursos para traballar todas as áreas e niveis, sen esquecer a facilidade para a búsqueda e manexo da información.
            Por todo isto, o que pretendemos ao longo deste curso académico, é realizar un proxecto de formación de 50 horas de duración destinado ao profesorado do centro, coa finalidade de achegarnos ao uso das TIC na nosa práctica educativa, a través do coñecemento e manexo dos distintos recursos e na elaboración de materiais e actividades multimedia, acompañado de docencia de expertos que nos axuden a resolver calquera dúbida relacionada co mesmo, para poder levalo sen dificultade na nosa aula, elaborando material didáctico propio axeitado ás características do noso alumnado.

viernes, 9 de abril de 2010